Norman Borlaug

Norman Ernest Borlaug, nado en Cresco (Iowa) o 25 de marzo de 1914 e finado en Dallas (Texas) o 12 de setembro de 2009, foi un enxeñeiro agrónomo, xenetista, fitopatólogo, humanista, e é considerado por moitos o pai da agricultura moderna e da revolución verde, foi chamado "o home que salvou mil millóns de vidas". Os seus esforzos nos anos 1960 para introducir as sementes híbridas á produción agrícola en México, Paquistán e a India provocaron un incremento notable da produtividade agrícola, e algúns considérano responsable de salvar máis de 1000 millóns de vidas humanas). Segundo Jan Douglas, asistente executivo da Fundación Premio Mundial, a fonte desa cualificación é o artigo de Gregg Easterbrook de 1997 "Forgotten Benefactor of Humanity", onde di "a forma de agricultura que Borlaug pregoa pode previr 1000 millóns de perdas". Premio Nobel da Paz en 1970, tamén lle foi concedido o Padma Vibhushan, o segundo maior honor civil da India.


Developed by StudentB